miércoles, 12 de junio de 2013

VIIª Subida a Rocas O Eirado - Cpto. Galego de Montaña


Pueba de montaña que discurre por un trazado de algo más de 13 km entre la localidad orensana de Esgos y la cima de O  Eirado.
Hasta allí fueron cinco de nuestros "escaladores" del club para disfrutar de una bonita mañana de deporte.

Los resultados obtenidos han sido los siguientes:
  • Puesto 004 - 1h04:52 - Antón Couto Oliveira
  • Puesto 124 - 1h28:08 - Ana Isabel Soutullo Paradela
  • Puesto 128 - 1h29:14 - Juan Ignacio Cid Díaz
  • Puesto 139 - 1h30:08 - Felipe Iglesias Mira
  • Puesto 141 - 1h32:00 - Manuel Rafael Pérez González
Destacar que Antón y Ana Isabel se proclamaron campeones de su categoría y subieron a recoger sus respectivos trofeos.


Fotos realizadas por nuestra compañera Silvia

Antón, quién consiguió llegar a meta en la 4ª posición, nos enviaba esta crónica:
Ano 1984, sentado nunha beirarrúa extenuado... acababa de ser utilizado de sparring nunha proba de promoción de ciclismo. Achégase alguén con moitos anos enriba, e con voz tomada dime: "rapaz...  ti tes madeira". Eu o que tiña era un cansancio que non me tiña nin sentado. Ese personaxe, así como apareceu , desapareceu. Non souben máis del.

Ano 2013, Esgos diante do Concello , xa respiro máis. Intúese sufrimento... parece unha proba diferente a todo,  o bullicio que soe existir antes das saídas parece estar escondido. Hoxe presinto que vou ter dúas compañeiras de viaxe: a que se acoplou fai varios días atrás, alerxia, máis unha moito máis temida... soedade.

Xa estamos disputando a proba, ao pouco de sair, un flash aparece e sorprende. Non se ve o fotógrafo pero... si, ahí está, é fotógrafa, camuflada nunha esquiniña captando sensacións.

O ritmo comeza a aumentar... Luis Calvo, cara o Mosteiro de San Pedro de Rocas, xa desaparece...,  Ivan, Victor , Saturnino e máis eu imos atrás, cada un collendo o seu ritmo. Eu intento non perder corda con eles. A miña respiración faise máis espesa, máis ruidosa,
espero que non lles moleste.

Xa so estou con Saturnino que comeza a torturarme: o seu cambiante ritmo faime trizas... na miña cabeza unha voz di: que se quede ou que se vaiaaaaa... buuuffff Saturnino agora que tira de min... agora que queda atrás... teño que voltar á concentración ... a esquecerme del... "rapaz ti tes madeira " aparece de novo na miña cabeza dende o ano 84. Incrible,
xa estabilizo o meu ritmo e, por fin, Saturnino desaparece... vaise... Comezo a disfrutar a proba, pero a segunda compañeira faise ver... a soedade. Intento non viaxar por outras vivencias e a névoa envólveme; por momentos incluso parece que me desoriento pola falta de concentración... "rapaz ti tes madeira",  volta a voz...  a concentración e o ritmo aparecen de novo e  xa comezo a disfrutar , xa non se perde.

No ultimo kilómetro vexo ao lonxe a silueta de Saturnino bailando, saltando entre a névoa... ¡ánimo!...  xa estamos arriba...

O meu agradecemento aos correlegas e máis persoas que nos animaron durante o recorrido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario